Este son é un elemento narrativo de primeira orde. Dende escoitar os pensamentos dun personaxe ata crear novos espazos anticipando co son a aparición de novos elementos dramáticos.
A MÚSICA
O análise desta como elemento expresivo pode realizarse desde tres puntos de vista:
Música obxectiva/diexética: adquire o protagonismo esencial da historia ou acción. Oímos o que vemos, a fonte da música está presente e xoga dramaticamente.
Música subxectiva: crea un ambiente emocional no espectador, apoiando o desenvolvemento da acción da narración.
Música descritiva: fainos evocar unha situación real concreta.
Tanto a subxectiva como a descritiva están dentro da non diexética.
USOS NARRATIVOS DO SON
Sentido
Se deixamos a un lado o xénero no cal a música é a protagonista e a consideramos recurso complementario do discurso audiovisual, podemos distinguir:
Sentido anímico: relacionado co impacto emocional que a música nos produce de forma individual, podendo tamén establecer correlacións.
Sentido imitativo: alude á capacidade descritiva da música. É raro atopar composicións sen el. Pode ser utilizada na ambientación musical dunha produción audiovisual porque é moi poderosa.
Usos
A música non é só un decorado, senón que intervén nela. É unha linguaxe, pode informar e emocionar.
A melodía é un conxunto de sons que expresa unha idea de influenza afectiva.
O ritmo é orde e é estimulante.
A harmonía constitúe a estrutura que pode ser disonante (inquietude e ansiedade) e consonante (serenidade e equilibrio).
O ton, que pode ser grave ou agudo, tamén produce sensacións.
A intensidade, débil, xera intimidade, serenidade e calma; alta, molestia e tensión.
Tamén o leitmotiv provoca a sensación de anticipación dos feitos, sendo repetitivo e identificándose cun personaxe.
O metatexto é a información que engade a música na súa propia lingua, aportando un texto xa existente na imaxe:
- Substitución de partes do guión: a música narra fragmentos da historia que non existen na imaxe ou non como tal.
- Fortalecemento do significado: semellante ao que xa aparece non guión.
- Incorporación de significados externos: nin está en pantalla nin na historia.
- Punto de vista: dálle un sentido sen alterar os significados obxectivos, animando a interpretar.
- Elipse narrativa: a música pode suxerir personaxes non presentes ou emprazar palabras ou feitos.
- Elipse significativa: substitúe outro son como un grito, cun significado simbólico. Utilizábase no cine mudo.
- Descrición dun personaxe: a música axuda a definir o interior dun personaxe, podendo dicirnos dúas cousas:
- personalidade
- estado de ánimo
A banda sonora
Trátase do conxunto de todos os sons da obra (diálogos, música, son ambiente e efectos de son).
Tamén se aplica á música, entendida como obra independente.